ffmpeg ao rescate

recodificar un vídeo do móbil para compartilo

ffmpeg ao rescate

Problema:

gravas un pequeno vídeo co móbil, uns 50", e ocupan 68mb!!

... e cómo compartes eso sen fundir a túa tarifa de datos (e a dos destinatarios)?


ffmpeg

Existen aplicacións para o móbil, como Video Transcoder que permiten facer este traballo de forma eficiente desde o teu propio dispositivo.

captura de Video Transcoder

Mais ffmpeg é unha ferramenta máis universal que está dispoñible en todas as plataformas. Este pequeno titorial servirache de referencia para recodificar calquer vídeo que teñas no teu ordenador persoal.

ffmpeg é a ferramenta de liña de comandos que nos soluciona a situación.

A complete, cross-platform solution to record, convert and stream audio and video.

Hai unhas semanas publiquei como respaldar os teus CDs de música utilizando ffmpeg.


exemplo e sintaxe

ffmpeg -i video_entrada.mpeg  -vcodec libtheora -qscale:v 7 -vf "scale=720:480" -acodec libvorbis -qscale:a 5 video_saida.ogg
  • ffmpeg: chamada ao programa
  • -i video_entrada.mpeg: pasamoslle o ficheiro de entrada (admite multitude de formatos. Mira na web do proxecto e os codecs que precisas).
  • -vcodec libtheora: o códec que imos utilizar, en este caso libtheora
  • -qscale:v 7: Este valor "7" pertence a ao libtheora. Outros códecs teñen outros valores.

Tomando como referencia o vídeo persoal de 68mb obtemos estos datos

COMPARATIVA(*) orixinal -qscale:v 7 -qscale:v 4
calidade orixinal boa suficiente
mb 68 25 9
  • -vf "scale=720:480": escalar o vídeo en caso necesario (omitir se non o precisas)
  • -acodec libvorbis -qscale:a 5: equivalente ao dito para o vídeo (omitir se non é un ficheiro moi grande)
  • video_saida.ogg: nome e formato do vídeo que queres como resultado.

(*) os mb e calidade son de unha codificación personal, ambos dependerán do tipo de vídeo e do dispositivo no que o visualices.

mp4

ffmpeg -i example.mov -f mp4 -vcodec libx264 -preset slower -profile:v main -acodec aac example.mp4

fonte: https://www.bugcodemaster.com/article/convert-videos-mp4-format-using-ffmpeg

detalle: https://trac.ffmpeg.org/wiki/Encode/H.264

exemplo rápido

ffmpeg -i entrada.mp4 saida.webm

Conversión rápida ao formato .webm, pode ser axeitado para compartir rápidamente pero con menor calidade.


Son numerosas as formas de editar e codificar vídeo e son, pero unha busca en internet permitirache atopar os parámetros que che permitan a mellor solución para o teu caso.

Máis info

No teu terminal

man ffmpeg

Outros titoriais